Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
PROGRAMA
BENEFICIARIOS
SOLICITUDE
MATERIAIS

EN QUE CONSISTE O PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA?

O programa de teleasistencia domiciliaria da Deputación ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano, proporcionándolles autonomía, seguridade e tranquilidade ás persoas usuarias.

O funcionamento deste sistema permite ter en contacto permanente ás persoas usuarias coa central de atención, pulsando o botón do medallón ou pulseira que deben levar sempre consigo.

A central de atención, está asistida por un equipo de teleoperadores/as profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias mobilizando os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Para realizar ditas funcións este equipo de profesionais conta previamente con todos os datos necesarios da persoa usuaria como por exemplo: enfermidades, medicación, familiares ou persoas de contacto.

QUENES SE PODEN BENEFICIAR DO SERVIZO?

As persoas residentes en concellos de menos de 50.000 habitantes da Provincia da Coruña, maiores de 65 e non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.

No caso das persoas que viven en áreas rurais é especialmente significativa a dispoñibilidade do servizo, xa que supón un recurso de benestar social ao contar con menos redes de apoio familiar.

Na actualidade máis de 2.000 persoas se benefician do servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación da Coruña.

COMO SOLICITAR A ALTA NO SERVIZO?

O trámite para darse de alta no servizo é moi sinxelo, as persoas interesadas tan só se teñen que achegar ao departamento de servizos sociais do seu concello de residencia e solicitar a alta.

 

Se o desexa pode solicitar máis información cubrindo o seguinte formulario:




Leo e acepto apolítica de privacidade
De acordo ca normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos facilitados serán tratados pola Deputación coa finalidade de poder atender a súa solicitude. Estes datos serán tratados de maneira confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na normativa vixente. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos seus datos, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada da Deputación Provincial da Coruña na Avenida do Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, ou ben a través da sede electrónica. Para calquera outra dúbida pode dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

 

DESCARGA DE MATERIAIS

Cartel v#1
PDF   •   JPG
Cartel v#2
PDF   •   JPG
Folleto
PDF